viernes, 26 de abril de 2013

"Bos días princesa"

Precioso vídeo do compañeiro José Manuel Villar Paniagua realizado durante este curso cos nenos do CEIP CESPÓN. Unha verdadeira lección de valores de convivencia e solidaridade para compartir cos vosos alumnos. Non deixa de emocionarme.
http://www.youtube.com/watch?v=3pYetuNL0WM

Unha visión interesante acerca do Síndrome de Asperger





Esta páxina ofrece moitos artigos interesantes e recomendables acerca do tema dos TEA.
Este artículo ofrece unha visión diferente, centrada nos aspectos positivos, do Trastorno do Espectro Autista e o Síndrome de Asperger.
http://autismodiario.org/2013/04/18/el-lado-bueno-de-las-cosas-sindrome-de-asperger/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=el-lado-bueno-de-las-cosas-sindrome-de-asperger

lunes, 8 de abril de 2013

GUÍA EDUCATIVA PARA NENOS CON AUTISMO E OUTROS TXD

Déixovos este enlace con unha estupenda Guía Educativa para Nenos con Autismo e Outros TXD. Pareceume moi útil e práctica, xa que está chea de exemplos e fotografías de actividades e materiais para traballar nas aulas.

http://ow.ly/jQWZ5

viernes, 5 de abril de 2013

PUBLICACIÓN DO DSM-V

Está a punto de sair á luz a nova edición do Manual Diagnóstico e Estadístico dos Trastornos Mentais (DSM-V), con importantes cambios que afectarán aos diagnósticos e Avaliacións Psicopedagóxicas. Entre eles a posible desaparición do Síndrome de Asperger como categoría diagnóstica ou a nova clasificación do Tratorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDA-H).
Aquí tedes un artigo que comenta este último tema:
 http://www.neurologia.com/sec/RSS/noticias.php?idNoticia=3981

lunes, 18 de marzo de 2013

 Linguaxe no autismo.

 

 

Unha das áreas máis afectadas nos nenos con Trastornos do Espectro Autista é a linguaxe. As dificultades se poden presentar de moi diversas formas. Deixo aquí o enlace cun interesante artigo no que se explican as diferentes formas de afectación da linguaxe e se resalta a importancia do diagnóstico diferencial.

http://www.elcisne.org/noticia/lenguaje-autismo/858.html

domingo, 10 de marzo de 2013

Outra proposta de actividades para o centro, esta vez acerca do tema do Consumo Responsable e o Comercio Xusto.


ACTIVIDADES ACERCA DO CONSUMO RESPONSABLE

           Tratamento do tema no D.O. e folla de  información para os ciclos acerca da proposta de actividades.
           Charla por parte do representante dunha ONG acerca do tema do consumo responsable e o comercio xusto.
           A través do PAT (titorías): se realizarían diversas actividades de información e sensibilización para os alumnos como por exemplo:
1.         Visualización dun vídeo sobre o tema.
2.         Entrega aos alumnos dun díptico informativo
3.         Realización por parte dos alumnos, en equipos, dun pequeno proxecto sobre o tema.
           Organización, en colaboración coa ONG, dunha exposición acerca do tema.
           Entrega ás familias dun díptico informativo.
           Organización, xunto coa exposición, dunha mostra de produto de comercio xusto que a comunidade educativa poderá ver e mercar.
           Para a inauguración da exposición e da mostra levaremos a cabo una degustación de produto de comercio xusto (café, chocolate, galletas...)